Publicador de contidos

Publicador de contidos

Plebiscito no Gatañal para Quique Domínguez

Plebiscito no Gatañal para Quique Domínguez

A dura derrota do pasado venres ante o pechacancelas axigantou as dúbidas do Frigoríficos do Morrazo e do seu adestrador

G24.gal 14/11/2025 13:03 Última actualización 14/11/2025 13:29

A dura derrota do pasado venres ante o pechacancelas Eón Alacante (34-24) axigantou as dúbidas do Frigoríficos do Morrazo de Quique Domínguez, que este sábado se someterá a un novo exame ante o Atlético Valladolid, que chega lanzado.

O equipo galego non termina de carburar. Alterna momentos de gran xogo cuns desfalecementos brutais que o acaban condenando nos partidos. O Frigoríficos necesita reducir o número de perdas de balón que acumula por partido e, sobre todo, subir o seu nivel defensivo na zona central se quere ser un bloque competitivo.

A lesión do pivote Javi García, un dos seus referentes en ataque, causou unha enorme desfeita ao conxunto cangués, que tivo que recorrer a dous xogadores dun perfil máis defensivo como Juan Quintas e Pablo Castro.

Pero ese non é o único problema que está a exhibir o Frigoríficos, que se desangra na zona central do seu defensa, xusto onde o curso pasado brillou o lateral romanés Rares Fodorean, que regresa mañá ao Gatañal coa camiseta do Valladolid.

Esa fraxilidade defensiva tampouco está a axudar a que o croata Ivan Panjan brille na portería. O Frigoríficos necesita moito máis do substituto do montenegrino Haris Suljevic, que vén de brillar co Zagreb, o club que pagou a súa cláusula de rescisión a finais de agosto, na liga de Campións.

A permanencia do Frigoríficos na liga Asobal pasará, como adoita ser habitual, por facerse forte no Gatañal, onde esta tempada xa gañaron Ademar León, Guadalaxara e Logroño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos