Cargando resultados...
'Pirolíticos': Mofa e Befa, contra o heteropatriarcado
O FIOT arranca coa comedia de Mofa e Befa, 'Pirolíticos'
Víctor Mosquera e Evaristo Calvo dirixidos por Clara Gayo, cun texto da dramaturga e de Lucía Aldao e María Lado
Entramos nos ensaios de Pirolíticos antes da estrea no FIOT de Carballo
G24.gal
07/10/2022 17:18
Mofa e Befa fan 30 anos, e con ese motivo estrean espectáculo e fano hoxe venres en Carballo no marco do Festival Internacional Outono do Teatro, o FIOT.
A obra chámase Pirolíticos, unha aposta do dúo por asumir os novos conceptos do feminismo, con humor claro.
O texto da obra é de Lucía Aldao, María Lado e Clara Gayo, esta última, ademais, asume a dirección do espectáculo. Creatividade e parodia ao servizo da loita contra o modelo de sociedade heteropatriarcal.