Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piratean o teléfono do alcalde de Barbadás e estafan varios contactos seus

Piratean o teléfono do alcalde de Barbadás e estafan varios contactos seus

Suplantándolle a identidade ao rexedor, enviaron máis de 200 whatsapps pedíndolles cartos por Bizum

Moitos chamaron ao alcalde para confirmar que era certo, pero ata oito persoas mandaron o diñeiro

G24.gal 11/12/2023 14:07

Manuel foi un dos máis de 200 contactos do alcalde de Barbadás que recibiu onte esta mensaxe de WhatsApp. Nela, facéndose pasar polo rexedor, pídenlle 490 euros por Bizum. Manuel desconfiou ao momento.

Neste caso, Manuel non mandou o diñeiro que lle pedía o suposto alcalde, pero houbo ata oito persoas que si o fixeron. Uns 8.000 euros conseguiron estafar. E todo despois de piratear o móbil do alcalde a través dun WhatsApp que recibiu da oficina onde traballaba.

Para chegar a Xosé Carlos Valcárcel supostamente piratearon antes o teléfono da oficina en que estaba o seu contacto. Unha cadea de vítimas que segue ampliándose. Algúns dos estafados puideron recuperar os cartos, pero a maioría segue intentándoo.

A Garda Civil investiga agora quen está detrás desta estafa, para iso teñen o número de conta e os números de teléfonos aos que pedían que se enviasen os cartos por Bizum antes de que os eliminasen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade