Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellada unha banda que estafou duascentas vítimas con chamadas fraudulentas

Desartellada unha banda que estafou duascentas vítimas con chamadas fraudulentas

Facíanse pasar por empregados bancarios ou como clientes en plataformas de compravenda

Conseguiron estafar case medio millón de euros

A Policía Local detivo dezaseis persoas en Cádiz, dos que cinco xa ingresaron en prisión

G24.gal 07/06/2025 15:18 Última actualización 07/06/2025 16:02

A Policía Nacional desartellou en Cádiz unha organización criminal que supostamente estafou case medio millón de euros a través de chamadas telefónicas fraudulentas, unha técnica que se coñece como o vishing.

Hai dezaseis detidos, cinco deles ingresaron xa en prisión provisional. A investigación estima que a fraude afectou a 207 persoas. Os investigados empregaban as modalidades do falso empregado bancario ou do bizum inverso para enganar as vítimas.

A estafa do "falso empregado" consiste en contactar telefonicamente coas vítimas facéndose pasar por xestores do departamento de seguridade das súas entidades bancarias para gañar a súa confianza e informalos enganosamente dunha intromisión nas súas contas.

Na técnica do bizum inverso, contactan telefonicamente coa vítima para amosar o seu interese en mercar un produto anunciado nunha plataforma de compravenda.

"A vítima remata aceptando unha solicitude de bizum mandando cartos baixo a crenza de estar recibíndoo", explica Cristina Morales, voceira da Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade