Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pídenlle ao ADIF que retire pezas dun tren que descarrilara en Vilamartín de Valdeorras

Pídenlle ao ADIF que retire pezas dun tren que descarrilara en Vilamartín de Valdeorras

O sinistro produciuse o mes de agosto pasado e desde aquela restos do descarrilamento seguen no lugar e, segundo os veciños, é un perigo

G24.gal 15/01/2024 14:35

O pasado mes de agosto producírase un descarrilamento de cinco vagóns dun tren de mercadorías na vía que atravesa o concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Pois desde aquela, cinco meses despois, aínda hai restos e pezas do convoi na estrada paralela á vía. O Concello e tamén os veciños pídenlle ao Adif que retire ese material, porque din é un perigo para a circulación e ademais dá mala imaxe.

A carón da vía ferroviaria seguen os restos de pezas do tren de mercadorías que descarrilara o pasado 23 de agosto neste punto no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras. A veciñanza di que é un perigo e pídelle ao Adif que retire o material metálico.

Por seguridade, xa que o descarrilamento de cinco vagóns tamén provocou fochancas nesta estrada. Pero ademais, aseguran os veciños que dá moi mala imaxe na zona onde hai unha área recreativa.

Desde o Concello de Vilamartín de Valdeorras xa enviaron tres escritos ao Adif solicitando a retirada dos restos do tren sinistrado, pero por agora aínda non recibiron resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos