Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden unha solución para un edificio case abandonado na Coruña

Piden unha solución para un edificio case abandonado na Coruña

Os veciños están fartos dos problemas de convivencia que orixinan os inquilinos

Os patios están cheos de lixo, cando vai calor hai moscas e o fedor é insoportable
G24.gal 28/11/2022 13:58

Os veciños do portal 120 da Ronda de Nelle, na Coruña, quéixanse dos problemas de convivencia que teñen que sufrir a diario. O edificio non ten auga e encóntrase en estado de deterioración.

Ao parecer, o dono faleceu, dous fillos tiveron problemas coa herdanza e o edificio está abandonado. Non teñen nin auga. Houbo un problema coa acometida e os propios inquilinos puxéronse a arranxala, o cal veu a dar nunha desfeita. A compañía cortou a subministración.

Algúns dos que viven neste edificio din que pagaban o alugueiro, que era duns 400 euros ao mes, con todas as subministracións incluídas. Pero afirman que hai tempo que ninguén lles vén a pedir contas.

Mesmo hai algúns que din que pagaron tres mil euros pola vivenda enteira, malia que non teñen papeis que testemuñen a transacción. Os problemas de convivencia comezaron en 2013, cando viñeron a vivir nun piso ata 34 persoas, que eran vítimas dunha mafia que explotaba a mendigos.

Antonio Caride, Presidente da Asociación de veciños da praza do Comercio, explica que no seu día houbo denuncias de venda de droga, de liortas e de violencia machista. Que vivir aquí é insoportable porque ao non ter auga as defecacións tíranas polas fiestras e acaban nos patios. 

"Aquí ten que haber como unha especie de mafia que vai alugando as vivendas duns para outros, é imposible identificalos. Queremos convivir en tranquilidade, é unha zona tranquila e despois de varios anos con este problema ninguén nos fai caso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade