Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden nove anos de cárcere para o condutor ebrio que causou a morte dunha nai e os seus dous fillos

Piden nove anos de cárcere para o condutor ebrio que causou a morte dunha nai e os seus dous fillos

O accidente sucedeu en 2021 en Salceda

G24.gal 14/01/2023 18:26 Última actualización 14/01/2023 18:38

O vindeiro martes comeza o xuízo polo accidente de tráfico que hai case dous anos custou a vida a unha nai de 39 anos e os seus dous fillos de trece e seis anos en Salceda de Caselas.

O home que causou o sinistro mortal sentará no banco da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra acusado de tres homicidios por imprudencia grave en concurso cun delito de condución baixo a influencia do alcol. Triplicaba a taxa permitida.

A Fiscalía pide para el 5 anos de cárcere e a acusación particular solicita 9 anos de cadea.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar