Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden dous anos de cárcere para o dono dun bar de Vigo por tocamentos a unha camareira

Piden dous anos de cárcere para o dono dun bar de Vigo por tocamentos a unha camareira

O home vai ser  xulgado por agresión sexual o vindeiro martes na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo

G24.gal 17/05/2025 11:29

O dono dun bar de Vigo enfrontarase a dous anos de prisión acusado por tocamentos a unha camareira á que contratara había pouco tempo despois de ser despedida.

Os feitos ocorreron en maio de 2024 e agora o home vai ser  xulgado por agresión sexual o vindeiro martes ás 10:00 horas na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Ademais dos dous anos de cárcere, o fiscal solicita catro de inhabilitación para profesión, actividade e ou oficio que conleve contacto con menores e unha orde de afastamento da vítima e a prohibición de comunicarse con ela durante tres anos, así como indemnizala en 500 euros por prexuízos morais.

Segundo o escrito de acusación, os feitos producíronse o 21 de maio de 2024, cando o home, que daquela tiña 66 anos, tocou á camareira, de 21 anos,  no almacén do local, lugar ao que ela fora para cambiarse de roupa e poñerse a traballar.

Segundo consta no escrito de acusación, o dono do bar achegouse á camareira dicíndolle que a súa muller a contratara grazas a el e que despois empezou a tocala, darlle bicos na meixela, e que lle pediu a móza que lle dera outros dous bicos e que ela accedeu;  ao comprobar que o home non cesaba na súa actitude e tocamentos, tentou esquivalo, momento en que el tratou de abrazala e bicala nos beizos.

A muller conseguiu sacarlo de enriba e saíu correndo do local e chamou ao 112. Despois, recibiu mensaxes do xefe dicíndolle que perdoase, que fora "unha bobada, un malentendido" e que non lles deixase "tirados".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade