Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden dous quilómetros de beirarrúas na zona de Samieira, en Poio

Piden dous quilómetros de beirarrúas na zona de Samieira, en Poio

Os veciños di que pasan moito medo cando andan pola estrada

G24.gal 27/10/2022 13:30

A estrada PO-303 en Samieira está chea de curvas e ten varios puntos de mala visibilidade polo que está dotado de espellos.

Os veciños desta parroquia de Poio, na zona da Igrexa e dos accesos ao colexio levan anos pedindo beirrarúas ou polo menos beiravías para non arriscarse cada vez que se ven na obriga de circular pola estrada.

Na zona da vella ponte prodúcense múltiples accidentes e pola zona hai batante tráfico mesmo camións que baixan e soben ao monte a pola madeira. Tamén pasan medo os condutores cando non conseguen sortear os peóns.

Os afectados consideran que non vai haber problema coa cesión ou expropiación dos terreos para as beirarrúas, xa que a lonxitude afectada non excede os dous quilómetros e a infraestrutura din é moi necesaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade