Cargando resultados...
Petiscos para saborear a primavera en Ourense
No concurso participan 41 locais de hostalería de toda a cidade
As propostas gastronómicas poderán desgustarse ata o 2 de xuño
G24.gal
23/05/2024 19:35
A oitava edición do concurso de petiscos Sabores de Primavera, en Ourense, botou a andar este xoves con máis de 40 propostas culinarias distintas, 14 delas aptas para celíacos.
Poderán degustarse por un prezo máximo de 3 euros e medio e o público elixirá o que máis lle guste. Por suposto, haberá premios outorgados polos profesionais do sector.
Sen dúbida, bocados cargados de creatividade que buscan compracer as papilas gustativas xunto ao resto dos sentidos.