Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pescan un atún xigante de 300 quilos nas augas de Bueu

Pescan un atún xigante de 300 quilos nas augas de Bueu

Un barco que traballaba con aparellos capturou o exemplar por sorpresa

Precisou a axuda dun bateeiro para izalo ao pesqueiro

Os mariñeiros do bateeiro izan o atún de 300 quilos / Cedida Os mariñeiros do bateeiro izan o atún de 300 quilos / Cedida
G24.gal 27/11/2022 11:39

A presenza dun atún vermello no interior das rías galegas é un feito excepcional, que sucede moi poucas veces, e aínda máis se se trata dun exemplar duns 300 quilos de peso e 2,5 metros.

A tripulación dun pesqueiro que pescaba preto de Bueu capturou accidentalmente este atún vermello.

Quedou atrapado nos aparellos o venres e desde a embarcación tiveron que pedir axuda a un barco bateeiro porque pesaba uns 300 quilos e media dous metros e medio.

A última captura deste tipo da que hai noticia data de 2018 cando un barco de Cangas atopou un preto das Cíes. O sector da pesca de baixura reclama un cambio da normativa para contabilizar este tipo de capturas accidentais dentro dunha cota especial.
 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade