Peregrinan en asnos andaluces para evitar a súa extinción
O animal está en perigo de extinción, con só 645 exemplares vivos
Aproveitan o escaparate do Camiño para dar a coñecer a especie
Unha alzada fóra do común, o pelo grisáceo e moita docilidade. Son as principais características dos asnos andaluces, unha especie en perigo de extinción que conta con só 645 exemplares.
Malia levar máis de 2.000 anos en España e de ser apta para traballar ou montar, a especie foi indo a menos e por iso os seus defensores fan esta peregrinación co obxectivo de recuperala e poñela en valor.
Os peregrinos levan máis dun ano organizando a viaxe. E é que aloxar 6 burros fora do seu hábitat e despois de xornadas de ata 30 quilómetros diarios non é doado, pero contan coa colaboración dos veciños dos lugares de parada.
Os asnos andaluces van botar toda esta semana facendo o camiño francés. Unha ocasión inmellorable para coñecer esta raza de equinos de tanta utilidade.