Percorrer Lugo nun Seiscentos para rememorar o primeiro coche dunha xeración
Os primeiros Seiscentos custaban 63.000 pesetas
Vendéronse 800.000 unidades en dezaseis anos
Foi o coche mais popular nos anos 60 e 70. Hoxe, o 600 é un vehículo de coleccionistas. Lugo acolleu hoxe unha concentración en que participaron 50 coches deste modelo histórico.
Comezou a fabricarse en 1957. Custaba daquela unhas 63.000 pesestas.
"Foron os que motorizaron España. Neses anos foi Seat quen levantou o parque móbil español".
"Pasamos case da bicicleta a un Seiscentos. Foi cando se empezaron a coller vacacións e metías unha familia completa ata de sete persoas".
Calcúlase que se venderon arredor de 800.000 unidades. Hoxe é un coche de coleccionistas, xa que sobreviven apenas 10.000.
"Teñen de especial que son coches que xa non se fabrican coma antes. A maioría ten entre 50 ou 60 anos. E son coches que se reparan cunha chave, un desaparafusador e un alicate".
O último Seat 600 deixou de fabricarse en 1973. Cada vez quedan menos e os seus donos saben que teñen que coidalos con esmero.
O Seiscentos foi para toda unha xeración o seu primeiro coche