Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Land Rober + Show', premiado en Finlandia co Prix CIRCOM a mellor programa de entretemento

'Land Rober + Show', premiado en Finlandia co Prix CIRCOM a mellor programa de entretemento

O director de Proxección Social da CSAG, Xaime Arias, e o subdirector de Formatos e Contratación de Contidos, Javier Lopo, recolleron o galardón ao espazo da Galega na gala anual da rede de televisións públicas rexionais europeas

O programa presentado por Roberto Vilar lidera o prime time da Galega, cunha proposta chea de humor nas noites de luns a xoves

 

G24.gal 21/05/2026 20:46

Recoñecemento internacional para o espazo de humor da TVG ‘Land Rober + Show’ co Prix CIRCOM ao Mellor Programa de Entretemento, distinción que recoñece o programa da Galega entre producións de toda Europa.

Xaime Arias, director de Proxección Social da CSAG, e o subdirector de Formatos e Contratación de Contidos da canle, Javier Lopo, recolleron o galardón na gala anual dos Prix CIRCOM na cidade de Tampere, en Finlandia.

O programa presentado polo showman Roberto Vilar consolídase como referente absoluto do entretemento da canle no prime time de luns a xoves. O xurado dos Prix CIRCOM destacaron o “forte sentido de identidade e altos valores de produción” do espazo da TVG e “un notable nivel de improvisación que engade espontaneidade a un programa vivo, dinámico e auténtico”.

‘Land Rober + Show’ suma este recoñecemento aos obtidos en distintas edicións dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego e nos Premios Iris de televisión (2017, mellor programa autonómico).

A serie 'Lume', mención especial do xurado na categoría de Drama

Ademais, a serie ‘Lume’, coproducida por TVG e a RTP e gañadora do I Festival Internacional de Series Ría de Vigo en 2025, recibiu a mención especial do xurado na categoría de drama. O xurado destaca ‘Lume’ polo seu tratamento dun importante problema rexional: os incendios forestais que afectan a Galicia e por reflictir a realidade cultural e lingüística da rexión fronteiriza mediante o uso natural do galego, o castelán e o portugués, achegando á historia un forte sentido de lugar e autenticidade. 

CIRCOM engloba 30 países e preto de 250 televisións rexionais, o que a converte na maior asociación de canles rexionais públicas de toda Europa. Esta edición bateu o récord de candidaturas, con 272. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade