Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro películas participadas por TVG optan a 8 premios Goya

Catro películas participadas por TVG optan a 8 premios Goya

'Sirat', do recoñecido director galego Oliver Laxe, opta a once premios, entre eles mellor película, mellor direción e mellor guión

'Romería', de Carla Simón, participada por TVG, opta a seis Premios Goya, entre eles mellor direción e mellor guión adaptado

As outras tres películas participadas pola Galega son 'Rondallas', de Daniel Sánchez Arévalo; 'Leo & Lou', de Carlos Solano, e 'Decorado', de Alberto Vázquez

Os presentadores da Gala dos Goya, Luis Tosar e Rigoberta Bandini, este sábado á súa chegada ao Auditorio Forum CCIB de Barcelona. Foto: EFE/Quique García.
G24.gal 28/02/2026 18:30 Última actualización 28/02/2026 21:51

A gala dos 40 Premios Goya celébrase este sábado en Barcelona. Nela vanse repartir trinta figuras, á 18 delas optan catro películas participadas por Televisión de Galicia. Nesta edición un dos presentadores da Gala é o actor galego Luis Tosar.

Se as previsións non fallan, dúas películas son as favoritas para levar os galardóns: Los domingos, de Alauda Ruiz de Azúa, e Sirat, de Oliver Laxe. En concreto, Sirat, do recoñecidor director galego Oliver Laxe, opta a outros once premios, entre eles mellor película, mellor dirección e mellor guión.

Romería, de Carla Simón, participada por TVG, opta a seis premios Goya, entre eles mellor dirección e mellor guión adaptado. As outras tres películas participadas pola Galega son Rondallas, de Daniel Sánchez Arévalo; Leo & Lou, de Carlos Solano, e Decorado, de Alberto Vázquez.

 

Carla Simón, directora de 'Romería', co elenco da película na alfombra vermella. Foto: EFE/Quique García

Listaxe de premios aos que optan as películas participadas por TVG e tamén Sirat, de Oliver Laxe


Mellor película: Sirat 

Mellor dirección: Oliver Laxe, por Sirat, e Carla Simón, por Romería (Participada pola TVG) 

Mellor guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol, por Sirat

Mellor guión adaptado:  Carla Simón, por Romería (Participada pola TVG) 

Mellor música orixinal: Iván Palomares de la Encina, por Leo & Lou (participada pola TVG)  e Kangding por Sirat.

Mellor actor de elenco: Tamar Novas, por Rondallas (Participada pola TVG) 

Mellor actriz de elenco: Miryam Gallego, por Romería (Participada pola TVG) 

Mellor actor revelación: Mitch, por Romería (Participada por TVG)  

Mellor  actriz revelación: Llúcia Garcia, por Romería (Participada pola TVG) 

Mellor direción de produción: Oriol Maymo, por Sirat.

Mellor direción de fotografía: Mauro Herce, por Sirat.

Mellor montaxe: Cristóbal Fernández, por Sirat.

Mellor direción de arte: Laia Ateca Font, por Sirat.

Mellor deseño de vestuario: Anna Aguila, por Romería (Participada pola TVG) 

Mellor maquillaxe e peiteado: Zaira Eva Adén, por Sirat.

Mellor son: Amanda Villavieja, Laia Casanovas, Yasmina Praderas, por Sirat.

Mellores efectos especiais: Pep Claret, Banjamin Ageorges, por Sirat.

Mellor película de animación: Decorado, de Alberto Vázquez, producida por Chelo Loureiro (Participada pola TVG) 

Curiosidade

Como curiosidade, contar que hai outro director que aínda que non é galego ten orixe galega; é Guillermo Galoe. A súa película Ciudad sin sueño está proposta en cinco categorías. A productora do filme é a súa irmá, Marina Galoe, que vive en Noia.

Entrega de premios e actuacións musicais

Luis Tosar e Rigoberta Bandini son os presentadores da gala, en que non faltará o discurso do presidente da Academia de Cinema, Fernando Méndez-Leite.

A entrega de premios comeza por Mellor Actriz de Repartición, e en sétimo lugar subirá ao escenario Susan Sarandon, Goya Internacional; Gonzalo Suárez terá o seu momento no ecuador da gala, cando se entrega do Goya en Honra; e os catro últimos galardóns -previsiblemente xa de madrugada- son os máis esperados: actor protagonista, actriz protagonista, dirección e película.

A Academia fichou a máis de 60 coñecidos rostros para entregar a trintena de figuras, entre eles a Victoria Luengo, Irene Escolar, Amaia Romero, Karla Sofía Gascón, Diego Luna, Eduard Fernández, Paco León, Eneko Sagardoy ou Salva Raíña.

Juan Manuel Montilla 'El Langui' e a futbolista Alexia Putellas tamén serán protagonistas este sábado.

Belén Aguilera, Bad Gyal, Dani Fernández, A Casa Azul, Ana Mena, Alba Molina, Ángeles Toledano e a propia Rigoberta Bandini son artistas xa confirmados que poñerán música á velada, aínda que sempre queda marxe para a sorpresa durante a cerimonia.

Xa están confirmados os invitados da esfera política, encabezados polo presidente do Goberno, Pedo Sánchez; a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz; o ministro de Cultura, Ernest Urtasun; o ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu; e o ministro para a Transformación Dixital, Óscar López, así como o presidente da Generalitat de Cataluña, Salvador Illa, e o alcalde de Barcelona, Jaume Collboni.

A xunta directiva da Academia de Cine Española na alfombra vermella, este sábado. EFE/Quique García A xunta directiva da Academia de Cine Española na alfombra vermella, este sábado. EFE/Quique García

As 'pelis' favoritas e algúns datos máis

Los domingos -de Alauda Ruiz de Azúa con trece candidaturas- e Sirat -a cuarta película de Oliver Laxe con once candidaturas e pasaporte aos Óscar- protagonizan o duelo desta edición. Maspalomas, La cena e Sorda son as outras candidatas a mellor película.

En 2025, o Goya á Mellor Película foi outorgado ex aequo a El 47 e La infiltrada, a gran sorpresa da noite porque era unha decisión inédita ata entón.

Só tres mulleres gañaron o Goya á mellor dirección. Este dato podería cambiar se recibisen a figura Alauda Ruiz de Azúa ou Carla Simón.

Miguel Rellán gañou o Goya a mellor actor de elenco na primeira edición por Tata mía, un premio que pode revalidar case 40 anos despois por El cautivo.

Dous irmáns coinciden na listaxe de candidatos. Ángela e Álvaro Cervantes aspiran a mellor actriz por La furia e a mellor actor de elenco por Sorda, respectivamente.

O actor galego Tamar Novás, nominado a mellor actor de elenco por 'Rondallas'. Foto: EFE/Quique García O actor galego Tamar Novás, nominado a mellor actor de elenco por 'Rondallas'. Foto: EFE/Quique García
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade