Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pequenas e medianas empresas fan cálculos tras o anuncio da suba do SMI

Pequenas e medianas empresas fan cálculos tras o anuncio da suba do SMI

Moitos cren que é unha suba difícil de asumir no momento actual de recuperación económica

G24.gal 10/02/2022 14:04

Pequenos e medianos negocios fan cálculos logo de que o Goberno aprobara a suba do salario mínimo interprofesional.

Os traballadores que cobran o salario mínimo xa verán a suba na nómina de febreiro. Son preto de dous millóns de empregos en España que aplauden a medida pactada entre Goberno e sindicatos.

Din os empresarios que non saen as contas porque ao incremento de 35 euros por traballador hai que engadir o das cotizacións. Calculan un aumento de arredor de 600 euros anuais por traballador. 

Para moitos negocios  son custos difíciles de asumir no momento actual.

Os empresarios alertan de que a suba do salario mínimo interprofesional terá como consecuencia un desincentivo da contratación e polo tanto menos emprego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade