Publicador de contidos

Publicador de contidos

A aldea de Penouta recupera o seu tradicional Entroido

A aldea de Penouta recupera o seu tradicional Entroido

As comparsas e as disputas son os eixes desta celebración

O home das esquilas volveu percorrer a aldea de Viana do Bolo

G24.gal 19/02/2022 14:49

Vólvense escoitar os versos da disputa de Penouta, unha tradición recuperada polos veciños despois de décadas esquecida. Hoxe van sonar estas e outras rimas nunha xornada que comezou coa ronda, como se coñece o desfile da comparsa co protagonismo para os músicos, o home das esquilas ou a señorita pretendida.

Os máis vellos do lugar agradecen o esforzo da xente nova por recuperar un Entroido que caera no esquecemento. Din que agora é menos traballoso e menos concorrido pero que o importante é manter o espírito e a tradición e desfrutar ao máximo.

O home das esquilas ou esquileiro é unha figura central deste entroido, cun traxe de moito peso e dificultosa elaboración. En Penouta lembran que non se debe confundir co boteiro de Viana.

Música, regueifa, disputas e, por suposto, xantar e beber continuarán toda a tarde nun día que tamén ten Entroido no lugar de Punxeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar