Cargando resultados...
Pelucas aka Pilas Bubbles: "A miña pintura é como unha festa que vai acabar mal, pero da que non queres saír"
Pelucas aka Pilas Bubbles: "A miña pintura é como unha festa que vai acabar mal, pero da que non queres saír"
OFF LINE, ata o 10 de decembro na Galería Monty 4 da Coruña
Unha mostra que avanza na investigación de formas e colores de Pelucas aka Pilas Bubbles
G24.gal
03/12/2021 17:22
Entramos nunha festa que acaba mal: o mundo excesivo do artista Pelucas aka Pilas Bubble que se derrama pola Galería Monty 4 da Coruña. A exposición 'Off line' mostra pinturas, debuxos, colaxes e cerámicas relizadas na súa estadía en México e tras a súa volta a Galicia. Surrealismo, arte popular e unha incipiente abstracción conviven nun universo ateigado de humor, cor e mestría.