Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pelexa entre afeccionados do Celta e do Raio sen feridos graves

Pelexa entre afeccionados do Celta e do Raio sen feridos graves

G24.gal 05/02/2022 20:39

A nota máis negativa da xornada produciuse preto de Balaídos antes do partido. A Policía Nacional tivo que intervir nunha pelexa multitudinaria entre afeccionados do Celta e do Raio Vallecano.

Integrantes do grupo Bukaneros, peña radical do Raio, citáronse cun grupo de Celtarras para pelexar con paus, cadeiras, botellas e mesas dos bares da zona.

Ocorreu na contorna da Praza da Miñoca sobre as 17:30 horas e, segundo as forzas de seguridade, rexistráronse varios feridos, pero ningún de carácter grave. A Policía Nacional está revisando as imaxes para intentar identificar aos involucrados, pero de momento non hai detencións.

Un veciño gravou a liorta co seu teléfono. Na parte inferior das imaxes pode apreciarse unha persoa inmóbil no chan, e alguén que lle dá unha patada na cabeza. 

Isto comentou o técnico celeste Eduardo Coudet sobre os altercados:

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade