Cargando resultados...
Pedro Sánchez: "As temperaturas extremas xa non son unha anécdota"
O presidente do Goberno pide extremar as precaucións ante os incendios e alerta do efecto do cambio climático en vagas de calor como a actual
G24.gal
17/06/2022 17:02
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, referiuse á vaga de incendios dos últimos días. Pediu aos cidadáns que extremen as precaucións e que colaboren cos traballadores que arriscan a vida para apagar os incendios.
Declaracións de Sánchez na reunión de expertos e líderes para falar da Loita contra a Desertización e a Seca. O presidente do Gobeno alertou contra o cambio climático, ao que achacou a vaga de calor que estamos sufrindo estes días.
Dixo Pedro Sánchez que é o momento de traballar todos xuntos e que a única opción ante o cambio climático é unha transición ecolóxica xusta.