Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pechan a vía de acceso ao castelo de San Filipe polo risco de derruba dunha galería

Pechan a vía de acceso ao castelo de San Filipe polo risco de derruba dunha galería

O impacto dun camión agravou o mal estado da balconada, que tivo que ser apuntalada

Os veciños desta parroquia de Ferrol esixen medidas urxentes

G24.gal 20/09/2022 14:27

Chea de fendas e aberta por abaixo. Así está agora a galería de madeira que xa levaba tempo en mal estado. O problema agravouse a finais do mes de agosto tras impactar un camión contra ela.

Agora xa está apuntalada e a vía que dá acceso ao castelo de San Filipe, en Ferrol, cortada desde hai case un mes agás para os residentes. Pero compróbase que os que non o son pasan tamén porque apartan as barreiras de protección.

Os veciños quéixanse de que por mor deste corte da vía teñen que dar un amplo rodeo para chegar aos sitios. Amais esixen medidas urxentes porque temen que a balconada se veña abaixo e aconteza unha desgraza.

Desde o Concello de Ferrol informan de que xa está comunicada a orde de execución para forzar os propietarios a que arranxen as deficiencias e danos da galería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos