Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pechan as duchas e lavapés das praias de Nigrán polos problemas coa seca

Pechan as duchas e lavapés das praias de Nigrán polos problemas coa seca

O encoro de Zamáns está ao 63 % da súa capacidade, a mesma que a finais do pasado setembro

En Baiona tamén están pechadas as duchas

G24.gal 03/08/2022 09:48

Os problemas coa seca obrigan a tomar medidas en máis concellos galegos. Os municipios costeiros tamén restrinxen o uso da auga nas praias, entre os últimos en aplicar medidas están varios do Val Miñor.

Nigrán decidiu nas últimas horas pechar todas as duchas e lavapés das praias do concello pola seca prolongada que se está a vivir. Xa limitaran hai algunhas semanas o caudal das duchas, ao tempo que eliminaran os baldeos das rúas ou minimizaran o rego para manter árbores e plantas.

Dan agora un paso máis para reducir o gasto do que xa é un ben escaso e por iso tamén comezaron unha campaña para concienciar os cidadáns. O encoro de Zamáns está ao 63 % da súa capacidade, a mesma que a finais do pasado setembro.

Na mesma liña están a actuar moitos outros concellos das Rías Baixas, como Baiona, onde tamén están pechadas as duchas. Nestes concellos ademais aumenta a poboación no verán polo que aínda consideran máis necesario tomar medidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade