Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denis Suárez despídese: "Véxome na obriga de marchar, esta sempre será a miña casa"

Denis Suárez despídese: "Véxome na obriga de marchar, esta sempre será a miña casa"

Denis xogará cedido no Español ata final de temporada

O Celta recibirá 200.000 € agora e outro pagamento se os 'pericos' quedan en Primeira

Esta mañá realizou o primeiro adestramento

G24.gal 30/01/2023 16:20 Última actualización 31/01/2023 18:22

Cun vídeo nas súas redes sociais, Denis Suárez despediuse do celtismo con esta mensaxe:

"Hoxe véxome obrigado a marchar, pero esta sempre será a miña casa. Balaídos e vós sempre iredes no meu corazón. Grazas por todo. Volverei"

 

Denis Suárez pasou onte pola tarde o recoñecemento médico e hoxe adestrará ás ordes de Diego Martínez como novo xogador do Español. Segundo o Galicia en Goles da Radio Galega, o Celta recibirá 200.000 € agora e outro pagamento se os 'pericos' quedan en Primeira.

O de Salceda de Caselas tiña a ficha máis alta dos xogadores do Celta e iso permite que o club poida ir ao mercado e traer ese perfil que demandaba Carvalhal

Denis rematou de mal xeito o que era un regreso soñado ao club no que se formou. Marchou en idade xuvenil ao Manchester City nun momento no que o Celta precisaba ingresos económicos. Oito anos despois, en 2019, volveu ao club no que xogou tres temporadas. A primeira cuns números discretos e as dúas últimas como peza imprescindible no centro do campo para Coudet. 

Un problema coa súa axencia de representación e o club motivaron un forte desencontro entre Denis e o presidente Carlos Mouriño que acabou co xogador na bancada sen participar en ningún partido da temporada malia ter a ficha máis alta do plantel. A situación parecía que se ía prolongar pero a necesidade de liberar masa salarial para acometer fichaxes fixo que o Celta aceptase esta cesión no mes de xaneiro. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos