Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pechadas as Caldas do Miño en Lugo a consecuencia dunha bacteria

Pechadas as Caldas do Miño en Lugo a consecuencia dunha bacteria

Dous meses despois da súa apertura á beira do río detectaron a aparición da Pseudomonas aeruginosa

As Caldas do Miño estarán pechadas os vindeiros días
G24.gal 30/05/2023 16:53

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo informou de que se viu obrigada a pechar temporalmente as Caldas do Miño tras a aparición dunha bacteria nos vasos de auga quente destas instalacións, recentemente inauguradas.

En concreto, o Concello informou de que as Caldas permanecerán pechadas durante “os próximos días” para tratar de erradicar as pseudomonas detectadas nas instalacións, “unha bacteria moi común, tamén presente na natureza, especialmente en ambientes húmidos”.

Miguel Ramos, técnico de piscinas: "A bacteria está sempre aí, pero a máis temperatura, mellor se reproduce. A partir de 30 graos é como mellor vive. O que ocorre é que é mala, xa que afecta os pulmóns".

A bacteria foi detectada durante os controis ordinarios que realiza periodicamente o Concello de Lugo para verificar a calidade da auga.

Tras baleirar os vasos, a área de Medio Ambiente está a levar a cabo un tratamento de choque para desinfectar todas as instalacións, tanto as piscinas, como os condutos e filtros.

Miguel Ramos, técnico de piscinas: "Cando se detecta a pseudomonas, hai que actuar rapidamente. Hai que baleirar os circuítos e hai que desinfectar todo ben con cloro ou cun choque térmico para eliminala de todo. E aínda así, hai que volver facer análises".

O xoves realizarase unha nova toma de mostras e repetirase a analítica para verificar que as instalacións poden usarse con seguridade.

Os resultados serán remitidos a Sanidade para a súa validación e posterior apertura do centro, relata o Consistorio nun comunicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade