Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paulo Alves: "É un desafío poder recolocar o Lugo no lugar que merece"

Paulo Alves: "É un desafío poder recolocar o Lugo no lugar que merece"

O portugués completou hoxe o seu primeiro adestramento co equipo lucense

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 27/12/2023 14:40 Última actualización 27/12/2023 14:47

Paulo Alves foi presentado este mércores pola mañá como novo adestrador do C. D. Lugo ata o final da presente tempada e con opción a outra opcional. O técnico portugués asegura que chegar ao equipo albivermello representa "un desafío, xa que o Lugo é un club histórico, posto que estivo durante moitos anos en Segunda División e é un club respectado en Portugal. Este desafío será tamén algo importante para a miña carreira profesional", explicaba o propio Alves, que este martes completou o seu primeiro adestramento co equipo lucense.

"A primeira impresión do equipo é extraordinaria, todos os xogadores estaban atentos ás miñas explicacións. Aínda é temperán para que podamos intuír como imos xogar, pero os xogadores mostráronse moi comprensivos e cunha actitude mental moi boa".

Paulo Alves chega ao Lugo cos deberes feitos.

"Antes mesmo de viaxar á cidade, cando mostraron interese por falar comigo, xa empezara a estudar o equipo e a categoría. Quero sacar o máximo potencial posible dos xogadores e non teño dúbidas de que imos facer un grande equipo. Temos un obxectivo, que é o ascenso, pero a presión é un privilexio".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade