Paula Prado destaca o apoio do Goberno galego ao sector gandeiro

Nos orzamentos de 2024 hai 12 millóns de euros para axudar os gandeiros a desenvolver o seu traballo e as explotacións gandeiras

G24.gal 15/11/2023 15:03

A secretaria xeral dos populares galegos destaca a importancia das axudas ao rural para asentar poboación. Nunha visita a unha explotación gandeira de Friol, Paula Prado destacou o apoio da Xunta ao sector.

Dende as axudas para paliar os efectos da guerra de Ucraína ata a estratexia de dinamización do sector cárnico. Un apoio, dixo, que se traduce nos presupostos: "Nos orzamentos de 2024 hai 12 millóns de euros para axudar os gandeiros a desenvolver o seu traballo e as explotacións gandeiras. Isto demostra que o Partido Popular está implicado no futuro do sector", dixo Prado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos