Publicador de contidos

Publicador de contidos

Patacas e hamburguesas gratis como sinal de protesta

Patacas e hamburguesas gratis como sinal de protesta

Agricultores da Limia repartiron catro mil quilos de patacas entre os veciños de Ourense para protestaren polos baixos prezos 

Os gandeiros regalaron hamburguesas, reivindicando a calidade do produto autóctono

Manteñen os tractores aparcados no centro da cidade

 

G24.gal 30/12/2025 14:47

Cos tractores aparcados nas rúas máis céntricas de Ourense, agricultores e gandeiros queren facerse visibles na cidade. Ao longo da mañá repartiron uns catro mil quilos de patacas da Limia. Denuncian que están vendendo pola metade do custe de produción.

"A ver se no ministerio toman cartas no asunto e non queda en papel mollado como a última vez", sinala Javier, produtor da Limia.

Cada saco vai acompañado dunha mensaxe.

"A nós págannos 30 céntimos por estes tres quilos, e no supermercado anda nos catro euros e medio", di un dos pataqueiros.

Van da man dos gandeiros, que repartiron hamburguesas de raza caldelá.

"O noso é un produto de calidade. Levamos moitos anos traballando no benestar animal e cumprindo todo o que nos esixe a lei, algo que non se vai cumprir co famoso tratado do Mercosur", explica Miguel Gómez, representante da asociación do sector primario de Galicia.

Concéntranse perante a subdelegación do Goberno e dirixíronse tamén á delegación de Medio Rural da Xunta. Queren a implicación de todas as administracións para asegurar o futuro do rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade