Rueda reclama en Bruxelas unha PAC máis forte que teña en conta o reto demográfico
O presidente da Xunta reclamou fondos europeos adaptados ao reto demográfico
Este é o último mes de Galicia asumindo a presidencia da delegación española do Comité Europeo das Rexións
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o liderado galego na delegación española do Comité Europeo das Rexións e reclamou fondos adaptados ao reto demográfico:
"Non podemos deseñar o futuro baseándonos na poboación, tamén debemos mirar a dispersión e o envellecemento. En Galicia xa estamos actúando con iniciativas como axudas á remuda xeracional ou mobilizando terras. "
Para garantir o futuro do rural, pediu unha PAC que sitúe as rexións no centro:
"Precisamos unha PAC forte, diferenciada, cun enfoque rexional e con menos burocracia. Só así, con garantías claras de financiamento, aseguraremos o futuro do medio rural e poderemos fixar poboación"
Este é o último mes de Galicia asumindo a presidencia da delegación española do Comité Europeo das Rexións. Despois cederalle o cometido a Aragón.