Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo crime de Redondela

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo crime de Redondela

O home, de 48 anos, está a ser investigado por dous delitos de homicidio, un deles en grao de tentativa

A parella da vítima, acoitelada coa mesma arma, continúa ingresada no hospital Álvaro Cunqueiro

O detido chega aos xulgados de Redondela. EFE/Salvador Sas
G24.gal 02/02/2025 10:11 Última actualización 02/02/2025 21:35

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Redondela decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo crime acontecido nesta vila o venres pasado. Está a ser investigado por dous delitos de homicidio, un deles en grao de tentativa. 

O arrestado, de 48 anos, pasou a disposición xudicial este domingo como suposto responsable da morte a coiteladas dun home de 43 anos e da agresión con arma branca da súa parella, na avenida Xeneral Rubín. O falecido tiña feridas no peito e no pescozo.

Dende un primeiro momento, consideráronse relevantes as desavinzas entre a vítima e o agresor, posiblemente relacionadas coa súa actividade no mar.

Ferida grave

A parella da vítima, de 42 anos, continúa ingresada no hospital Álvaro Cunqueiro tras ser operada de urxencia das coiteladas que recibiu.

Este sábado transcendeu que posiblemente se citaron na noite dos feitos tras intercambiaren mensaxes de whatsApp con ameazas. Ambos os dous contaban con antecedentes penais.

A Policía segue á procura da arma coa que se cometeu o crime e no rexistro domiciliario da vivenda do sospeitoso atoparon roupa con restos de sangue. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade