Partido vital do Obradoiro para afastarse do descenso
Os galegos veñen de tres derrotas consecutivas
Xogan ás 20:45 no Sar contra o Andorra
O Obradoiro prepárase para un partido a cara de can, vital para a permanencia. Os galegos veñen de tres derrotas consecutivas e necesitan gañar pra afastarse do descenso. Moncho conta con todos e recoñece que o que lles falta é regularidade.
Mais tamén iniste na melloria do equipo e pide tranquilidade.
Enfronte, Andorra chega como a súa mascota. Solta, con confianza, con ritmo. A razón dúas vitorias consecutivas que os sacaron da queima e os teñen agora cun triunfo máis que o Obra. Equipo de calidade, con experiencia e con ese punto de acerto que fai que cheguen ao SAR pra adestrar e co primeiro balón que tiren... pase isto.
O partido esta noite, ás 20:45, en territorio Miudiño, no SAR.