Palas de Rei, terceiro concello de España con mellor ocupación hoteleira
Barcelona e Torremolinos lideran o podio
Cando se pensa no concello con mellor ocupación turística de Galicia, seguramente non é moi probable que se diga Palas de Rei. O éxito turístico desta poboación, na que conflúen o Camiño Francés e o Primitivo, converte Palas no terceiro municipio con mellor ocupación hoteleira de España.
"Estamos sorprendidos porque hai concellos no Levante e nas Illas con máis infraestrutura ca nós, pero mesmo así conseguimos empoleirarnos nese terceiro posto", explica o alcalde, Pablo Taboada.
A listaxe de maio vai así,: Barcelona de 1, Torremolinos de 2 e de terceiro, Palas de Rei. Os peregrinos, cren que a explicación puido estar nos grandes grupos. E os hostaleiros aseguran que a actividade é aínda maior se se ten en conta que as pernoctacións son de só un día.
Se a nova parece case de Guiness, atentos para os próximos meses porque as prazas hoteleiras seguen medrando e xa hai quen conta que a oferta de camas vai superar axiña o número de habitantes.