Publicador de contidos

Publicador de contidos

Palangreiros da Guarda anuncian unha querela criminal contra Greenpeace

Palangreiros da Guarda anuncian unha querela criminal contra Greenpeace

Os ecoloxistas sacáronlle o palangre a un barco galego para protestar pola pesca industrial

Greenpeace recoñece que o pesqueiro non estaba facendo nada ilegal

Observador electrónico instalado a bordo dun dos barcos de Orpagu
G24.gal 29/07/2022 19:19

O Segundo Ribel quedou sen parte do palangre o pasado 15 de xullo. Pensaran que o perderan no mar ata que a propia Greenpeace recoñeceu que llo sacaran e que o tiñan a bordo do seu barco. A súa escusa: que non lles gusta a pesca industrial.

Pero o palangreiro da Guarda pescaba legalmente, nunha zona autorizada e con todos os permisos. 

"A nosa sorpresa é esa. Se chegan a iso chegan a calquera lado. É unha actividade legal, non estamos incumprindo nada. Temos observador electrónico, temos caixa azul. Estamos controlados por todos os lados.  É como se eu vou á túa casa e collo o teu coche porque ten escape e contamina", di Miguel Ángel Martínez, patrón do Segundo Ribel.

As perdas para o Ribel son de máis de 6.000 euros, catro mil en aparellos e dous mil en capturas. Desde Greenpeace apuntan que non denuncian nada ilegal ou prohibido.

Só queren poñer en evidencia que hai dezasete especies de quenllas en perigo de extinción.

Pero para os palangreiros da Guarda, estas non son maneiras. Por iso van presentar unha querela criminal e pediron xa o amparo ao Goberno e á Comisión Europea.

"Ninguén pode saltar as normas que existen e estes parece que se permiten saltar todas as leis, e aínda por riba anuncialo aos catro ventos e tratarnos como criminais cando nós facemos baixo control toda a nosa actividade", engade Joaquín Cadilla,  presidente da Organización de Palangreiros Guardeses.

Esta non é a primeira vez que Greenpeace acosa os palangreiros da Guarda e outros barcos galegos.

Dende Orpagu lembran que levan a bordo observadores electrónicos, que están permanentemente monitorizados e que son, por vontade propia, unha das frotas máis reguladas do mundo.

De feito a FAO escolleunos como exemplo para colaborar nunha guía sobre responsabilidade social na pesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos