Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pacientes de oncoloxía e as súas familias fan o Camiño Inglés coa iniciativa Ultreia

Pacientes de oncoloxía e as súas familias fan o Camiño Inglés coa iniciativa Ultreia

A camiñada dividiuse en sete etapas para chegar a Santiago o 18 de xuño

G24.gal 07/05/2022 14:43 Última actualización 07/05/2022 14:56

O peirao ferrolán de Curuxeiras foi o punto de partida da andaina Ultreia, unha ruta a pé que segue os pasos do Camiño inglés na que participan pacientes oncolóxicos e as súas familias.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Asociación Española contra o Cancro e amadriñada pola modelo e presentadora Paloma Lago que busca crear un espazo de convivencia e cumprir unha arela compartida por moitos pacientes de cancro.

A camiñada está dividida en sete etapas que os peregrinos irán completando sábado a sábado para chegar a Compostela o próximo 18 de xuño. A primeira desas etapas transcorre entre Ferrol e Neda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade