Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Durán estará de baixa unhas dúas semanas

Pablo Durán estará de baixa unhas dúas semanas

Sofre unha escordadura leve do ligamento colateral medial do xeonllo esquerdo e unha contusión ósea

G24.gal 23/02/2026 17:37 Última actualización 23/02/2026 18:07

Pablo Durán sofre unha escordadura leve do ligamento colateral medial do xeonllo esquerdo e unha contusión ósea, segundo revela a resonancia magnética que se lle practicou este luns no hospital.

O dianteiro celeste sufriu unha dor forte durante o partido ante o RCD Mallorca, correspondente á xornada 25 de LALIGA EA SPORTS, polo que tivo que ser substituído a falta de cinco minutos para o descanso.

Agora, Pablo seguirá un tratamento de recuperación e estímase que estará de baixa arredor de 2 semanas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade