Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oviedo trae a avioneta de 'Memorias de África' en homenaxe a Meryl Streep

Oviedo trae a avioneta de 'Memorias de África' en homenaxe a Meryl Streep

Tamén expón a furgoneta de As pontes de Madison

A actriz recibirá o Príncipe de Asturias das Artes na cerimonia do 20 de outubro

 

G24.gal 13/10/2023 21:12 Última actualización 13/10/2023 21:24

Segundo se vai achegando a cerimonia dos Premios Princesa de Asturias, os actos vanse multiplicando. En Oviedo, unha avioneta amarela de película, unha furgoneta de película e un zapato vermello de película homenaxean a Meryl Streep, que recibirá o Princesa de Asturias das Artes.  

Na antiga Fábrica de Armas están expostas a avioneta daquela memorable secuencia de Memorias de África e a furgoneta daquela conmovedora escena final de As pontes de Madison. E é que non se trata de preguntarse con que película de Meryl Streep choramos. É preguntarse en cantas películas de Meryl Streep choramos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade