O filme 'Buen Camino', de Gennaro Nunziante, multiplica os peregrinos italianos que chegan a Santiago
O filme 'Buen Camino', de Gennaro Nunziante, multiplica os peregrinos italianos que chegan a Santiago
A película estreouse en decembro e bateu o record de espectadores do cine italiano
Afeitos como estamos a apreciar a bellezza da súa dúbida existencial e o seu dolce far niente, pode parecer raro que sexan eles quen se fixen en nós. Fano por este filme que os trae a Santiago por milleiros. Estreouse en decembro e narra a historia dun millonario que descobre a súa filla facendo o Camiño.
Conta Paola que ela levaba pensando 20 anos en vir e que aínda que non lle gusta recoñecelo, quizais o filme a empuxou por fin, "polas paisaxes espectaculares pero tamén pola súa mensaxe profunda, aínda que sexa unha comedia", di.
Valentina é voluntaria para a Congregazione Guanenelliani, que recibe os peregrinos italianos con información e misas na súa propia lingua na igrexa de Santa María, da rúa Travesa. E recoñece que a película de Gennaro Nunziante influíu moitísimo en estar traendo aquí tantos italianos, fascinados pola historia da transformación grazas ao Camiño dunha persoa superficial.