Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia e África, unidas pola Rianxeira

Galicia e África, unidas pola Rianxeira

A Universidade Católica de Beira en Mozambique crea un departamento de Estudos Galegos

Aprenden o idioma tirando de cantigas populares

A Rianxeira soará na catedral de Beira o día do Apóstolo

Lidera o seminario un cura mozambicano que fixo amizade con outro galego cando se coñeceron en Salamanca
G24.gal 16/06/2026 14:52

Son estudantes da Universidade Católica de Beira, a segunda cidade máis poboada de Mozambique. Participan nun seminario de Estudos Galegos e válense das cantigas populares para aprender a nosa lingua. Lidera o departamento un cura que namorou de Galicia e as súas xentes cando estaba estudando na Universidade Pontificia de Salamanca.

"E en Salamanca coñecín un compañeiro de Lugo", conta Bonifacio Conde, responsable do departamento de Estudos Galegos na Universidade Católica de Mozambique

Era párroco no Courel e convidouno a pasar alí o mes de agosto, aproveitando que a residencia da Pontificia pechaba durante o verán

"Eu ofrecinlles que viñeran aquí botar unha man nas miñas parroquias", explica Jesús Río, párroco do Courel.

Agora volven todos os veráns

 "Eu teño a xente do Courel como unha familia", apunta o sacerdote mozambicano.

Quixo levar un cachiño de Galicia a África e creou un departamento de Estudos Galegos. Son un grupo reducido de non máis de 30 alumnos e profesores. Recitan versos de Rosalía, ven cine en galego e sobre todo cantan.

"Son cantigas moi coñecidas, son cantigas populares pero na boca de alguén que está tan lonxe e cunha cultura un pouco diferente á nosa é especial", engade o párroco do Courel.

Tan especial como A rianxeira, que soará na mozambicana catedral de Beira o día do Apóstolo para conmemorar o centenario da súa construción. Iso será en xullo porque en agosto non poden faltar á cita con Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade