Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil requisa en Cádiz pezas de animais africanos protexidos

A Garda Civil requisa en Cádiz pezas de animais africanos protexidos

Entre o material confiscado hai ósos de xirafa, peles sen curtir e 150 quilos de cornamenta

O alixo estaba nunha furgoneta que os axentes foron auxiliar na estrada A-381

O condutor non puido documentar nin a legalidade nin a procedencia da mercadoría

 

 

Os catro ósos de xirafa. EFE/Garda Civil
G24.gal 07/03/2026 12:25 Última actualización 07/03/2026 13:09

A Garda Civil incautouse de numerosas pezas de especies protexidas procedentes de África. O material estaba no interior dunha furgoneta nunha estrada da provincia de Cádiz.

O condutor non puido documentar o cargamento nin a súa procedencia polo que está a ser investigado por un posible delito de comercio ilegal de especies protexidas e outro de receptación ou subtracción de parte da mercadoría.

O alixo inclúe catro ósos de xirafa, varias peles sen curtir de animais autóctonos africanos (facochero, springbok e orix), unha peza esculpida en madeira con forma de xirafa e 150 quilos de cornamenta de cervo, gamo e corzo.

Os feitos ocorreron cando os axentes pararon na estrada A-381 para auxiliar un vehículo que parecía estar avariado. A actitude nerviosa do condutor fixo sospeitar á patrulla que decidiu inspeccionar o interior do vehículo.​​​

A cornamenta intervida. EFE/Garda Civil A cornamenta intervida. EFE/Garda Civil
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade