Cargando resultados...
Outubro empezou marcando récords de temperatura
O día 1 Ourense e Lugo alcanzaron uns valores nunca antes rexistrados no décimo mes do ano

G24.gal
02/10/2023 20:35
Última actualización 02/10/2023 21:12
O episodio de altas temperaturas destes días estanos deixando rexistros de récord.
En Ourense, os termómetros chegaron este domingo aos 35,1 graos. Nunca tanta calor fixera alí nun mes de outubro. A anterior marca eran os 34,9 graos rexistrados o 2 de outubro de 2017.
Tamén Lugo, con 32,7 graos, superou o seu récord, que estaba nos 31,9 que chegaron a marcar os termómetros o 15 de outubro de 2017.
Despois dun pequeno respiro, cun día máis fresco este martes, a calor volve o mércores. Semella que seguiremos vendo imaxes máis propias do verán ca do outono.