Outra mala xornada no baloncesto feminino deixa tres derrotas galegas
O Celta Femxa Zorka non puido traer o triunfo da visita a Leganés (71-56)
O Baxi Ferrol caeu en Salamanca (75-69)
O Ensino perdeu co Azul Marino en Mallorca (95-61)
Na liga feminina de baloncesto os tres equipos galegos perderon na tarde de hoxe. Vimos na G2 a derrota do Celta Femxa Zorka en Leganés por 71 a 56.
Buscaban as viguesas a segunda vitoria nesta liga. E protagonizaron un bo inicio, no que chegaron a gañar por seis puntos. O Leganés igualou o partido no descanso, empate a 28, e decidiu tras o intermedio. A sueca Tova Sabel,con 14 puntos, foi a mais destacada, nun día aciago para o ataque do Celta.
O Baxi Ferrol perdeu en Salamanca fronte ao Meins Avenida malia os 25 puntos anotados por Maggie Doogan. 75-69 foi o resultado final dun partido que se decidiu nun mal último cuarto das ferrolás.
E en Mallorca, o Durán Maquinaria Ensino caeu con claridade fronte ao Azul Marino. 95-61 foi o resultado final que deixa unha derrota máis no casilleiro das luguesas.