Publicador de contidos

Publicador de contidos

A provincia de Ourense rexistra seis falecidos en incendios neste inverno

A provincia de Ourense rexistra seis falecidos en incendios neste inverno

Os bombeiros recomendan extremar a precaución coas estufas e as instalacións e os aparatos eléctricos 

G24.gal 02/02/2023 14:42

Dous incendios graves na mesma rúa en menos de 24 horas e, en apenas un mes, máis que en todo o ano 2019. Xa se cobraron a vida de tres persoas e que puideron ser máis onte mesmo,

O primeiro deles foi o acontecido no barrio de Covadonga, onde dúas mulleres faleceron a principios de ano no incendio da súa casa, provocado moi probablemente por un curtocircuíto na instalación eléctrica. A outra vítima faleceu este mesmo luns no incendio da súa casa no Barco de Valdeorras.

O resto dos incendios foron na cidade de Ourense, o máis recente o acontecido onte mesmo contra o mediodía nun edificio da céntrica avenida da Habana. Os bombeiros recomendan extremar a precaución coas estufas, as instalacións e os aparatos eléctricos para evitar posibles accidentes. 

"Hai moitos incendios e un pouco motivados polo frío. O maior risco son as calefaccións ou elementos emisores de calor. Claro estas temperaturas tan baixas provocan estes incendios actuais", explica José Benito Álvarez, oficial de bombeiros no Parque de Ourense.

As estufas con barras incandescentes, con roupa a secar demasiado preto ou colocada por riba dela acostuman ser nestas datas o principal motivo dos incendios. Recomendan, ademais, revisar os cables das mantas eléctricas e apagalas ao meterse na cama, evitar a sobrecarga de enchufes e utilizar sempre regretas certificadas. 

No caso de haber un incendio na casa, hai que illar a habitación que está ardendo, coller as chaves, avisar os servizos de emerxencia e baixar á rúa. Cómpre ter moita precaución coas lapas, pero tamén co fume.

"A maioría de mortes son polos gases dos incendios, polo monóxido de carbono basicamente".

A finais do ano pasado outras tres persoas faleceron tamén en Trasmiras, Petín e Ourense en distintos incendios nas súas vivendas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade