Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense estará cun 90 % de ocupación na ponte de decembro grazas ao AVE

Ourense estará cun 90 % de ocupación na ponte de decembro grazas ao AVE

A alta velocidade a Madrid e a conexión con Alacante marcan un fito no interese turístico da Cidade das Burgas

Os hostaleiros, pero tamén outros sectores económicos, recoñecen que o movemento medra cada día

G24.gal 28/11/2022 14:46

Segundo os últimos datos dispoñibles, que corresponden ao pasado mes de outubro, constatan que máis de 30.000 persoas reservaron praza nese mes nalgún establecemento da cidade. Ademais, aumentou a estancia media, que xa supera os dous dúas de pernoctación.

As expectativas para a ponte confirman que Ourense se consolida como un destino de moda en Madrid.

"O AVE foi un plus enorme. Outros anos despois do verán viña un baixón, pero este ano a curva mantense e as expectaivas para decembro son moi boas", explica Javier Outomuro, presidente da Unión Hostaleiros ourensáns.

Os hostaleiros din que o AVE está sendo revulsivo tamén por semana, para turistas maiores de 60 e para traballadores de empresas, do sector téxtil e vinícola, que agora fan máis uso dos servizos da cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade