Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Gilsanz: "Yeremay é unha dúbida razoable"

Óscar Gilsanz: "Yeremay é unha dúbida razoable"

Este domingo chega á Coruña o Huesca, unha das grandes revelacións, situado na terceira posición, a un punto do ascenso directo

G24.gal 21/02/2025 11:30 Última actualización 21/02/2025 12:26

Este domingo chega á Coruña o Huesca, unha das grandes revelacións. O conxunto oscense, a pesar de contar co orzamento máis baixo de Segunda, está situado na terceira posición, a un punto do ascenso directo. 

"É un equipo que destaca polo traballo competitivo, carácter colectivo, é moi versátil".

"Ten moita velocidade, un balón parado espectacular. Teremos que modificar cousas".

As alarmas saltaron este xoves na Cidade Deportiva de Abegondo cando Yeremay Hernández non se exercitou co resto dos seus compañeiros. Tanto o extremo canario como Sergio Escudero -someteuse o pasado 31 de xaneiro a unha operación do seu cóbado esquerdo- tiveron un adestramento personalizado.

Óscar Gilsanz compareceu esta mañá en rolda de prensa e tamén lle preguntaron pola situación física da perla do Dépor e se estará dispoñible ante o Huesca.

"Ten unhas pequenas molestias, un pouco por precaución quedou dentro a traballar no ximnasio e veremos que vai evolucionando hoxe e mañá. É unha dúbida razoable, matizou.

Gerard Valentín e Hugo Vallejo regresarán a Riazor co Huesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar