Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Cano: "Vou entrar algunha vez nesta sala de prensa con 6-7 partidos sen perder"

Óscar Cano: "Vou entrar algunha vez nesta sala de prensa con 6-7 partidos sen perder"

O técnico do Deportivo mantén a súa crítica sobre o xogo do equipo o pasado martes en Badaxoz

Antoñito é dúbida para o derbi do domingo ante o Racing. Olabe e Soriano son baixas seguras

Foto @RCDeportivo
G24.gal 09/12/2022 13:10 Última actualización 09/12/2022 13:16

O técnico do Deportivo mantén a súa crítica sobre o xogo do equipo o pasado martes en Badaxoz (1-0), pero tamén a confianza no grupo antes do partido co Racing de Ferrol: 

"É un equipo moi feito e moi ben feito, xente de moita experiencia en todas as liñas, con centrocampistas que saben xogar moi ben, xente intermedia que desequilibra e que xera moito fútbol por fóra, os seus dous extremos están entre os catro ou cinco que en mellor forma están na categoría".

Sobre a posibilidade de acceder ao liderado, Óscar Cano foi moi claro:

"Ai de min se non crese que podemos ser líderes co equipazo que temos. Se non pensase así, marcharía mañá. Temos un grande equipo e nalgún momento vai estoupar. Vou entrar algunha vez nesta sala de prensa con seis ou sete partidos sen perder".

Antoñito é dúbida para o derbi do domingo. Olabe e Soriano son baixas seguras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade