Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xogadores do Rácing valoran positivamente o punto e consideran xusto o empate en Riazor

Os xogadores do Rácing valoran positivamente o punto e consideran xusto o empate en Riazor

Heber Pena e Fran Manzanara atenderon á Radio Galega na zona mixta do campo coruñés

G24.gal 05/03/2022 22:01

Con tres encontros nunha semana, puntuar era moi importante para o Rácing de Ferrol. Máis tendo en conta que os dous seguintes encontros serán coma local e permitiránlle, de gañar, meterse de cheo na loita polo playoff de ascenso.

Héber Pena analizou o empate ante o Deportivo.

"Foi unha mágoa non poder aproveitar as nosas ocasións, e non levar os tres puntos. Houbo moitas faltas e para os xogadores non é doado e iso saca do partido. Acadamos un punto nun campo moi difícil e temos xa que pensar no encontro do martes que é moi importante"

Pola súa banda Fran Manzanara tamén valorou de maneira positiva o empate ante un rival de entidade como o conxunto branquiazul.

"Eles comezaron dominando. Adiantamos presión e na segunda parte tivemos íntres. Tivemos as nosas ocasións, eles tamén. Quizáis o empate é o resultado máis xusto"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade