Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira toma de contacto do novo Rácing en Vilalonga (0-3)

Primeira toma de contacto do novo Rácing en Vilalonga (0-3)

Unai Ropero, Pujol e o canteirán Adrián Martínez marcaron os goles do encontro

G24.gal 02/08/2026 08:06

O novo Rácing Club Ferrol gañou en Vilalonga, equipo da Preferente Autonómica, por 0-3 no primeiro amigable da pretemporada. Un partido que serviu para facer a primeira toma de contacto entre os novos xogadores nun partido.

Saiu de inicio Javi Vázquez con Lucas; Migue Leal, Monjonell, Pujol, Álvaro Ramón; Fabio, Pedro Bravo, Rubo; Unai Ropero, Arroyo e Dani Ojeda. As novidades con respecto ao ano pasado foron catro, sobre todo na zona de ataque. Tamén participaron dous xogadores da canteira como Pedro Bravo e Rubo. 

Na segunda metade participaron Ger Nóvoa, Bernal, Joel Tenreiro, Buján, Lucas Camba, Azael, César e Adrián Martínez. Marcaron os goles Unai Ropero e Edgar Pujol no primeiro tempo e Adrián Martínez nos minutos finais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade