Os xabarís volven ao centro da Coruña e causan estragos en varios parques
Os xabarís volven ao centro da Coruña e causan estragos en varios parques
A presenza destes animais é un problema compartido por moitos municipios, entre eles Oleiros
![Dous xabarís nunha rúa da cidade](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20231022/DANOSXABARINSCORUNA_frame_2337.png)
As incursións nocturnas dos xabarís chegaron ao corazón da cidade. Onte á noite deixaron a súa inconfundible pegada nos xardíns de Méndez Núñez e na Rosaleda. Preocupan, ademais dos estragos nas zonas verdes, as situacións de perigo que poden provocar.
Aos xabarís quédanlles poucos barrios da cidade por pisar. Hai case un mes anunciouse a colocación de cebos e gaiolas para capturar os animais, pero nada diso se fixo polo momento.
A presenza de xabarís é un problema compartido por moitos municipios, entre eles Oleiros. O céspede do parque de Nirvana amenceu outra vez totalmente levantado.
Hai tempo que o alcalde defende as batidas nos bosques e tamén en zonas urbanas delimitadas como medida necesaria para atallar o problema.
![Estragos dos xabarís nun dos parques do centro](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20231022/ENGBRDANOSXABARINSCORUNA_frame_10637.png)