Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xabarís colonizan as cidades poñendo en risco a seguridade viaria e a saúde pública

Os xabarís colonizan as cidades poñendo en risco a seguridade viaria e a saúde pública

A presenza do xabaril en zonas urbanas xa non causa sorpresa e son uns veciños máis

Os investigadores urxen medidas de control da súa poboación polo perigo de propagación de enfermidades

O xabarís colonizan as cidades onde atopan alimento e carecen de ameazas
G24.gal 19/11/2025 15:22

No San Froilán de 2018 unha familia de xabarís sorprendía os lucenses paseando polo centro de Lugo, ao redor da Muralla, en plenas festas patronais. Hoxe os porcos bravos son xa uns veciños máis.

O profesor da Facultade de Veterinaria e Presidente da Federación Galega de Caza Luis Fildalgo explica que "están moi adaptados o entorno urbano e hai xabaríns que naceron xa vendo as nosa luces e están afeitos ao noso olor, a escoitar os coches e a alimentarse dos nosos refugallos. Están moi cómodos porque ninguén os molesta".

Atopan acubillo no cinto verde ou na valgada do barrio da Cheda, os veciños víronos "un par de veces pola zona" e "baixan incluso polo día".

Poñen en risco a seguridade viaria, causando numerosos accidentes.

"Pasada a ponte había un morto cando pasaba eu co coche". "É imprevisible cando che van saír e causan danos importantes".

Fan estragos nas hortas e zonas axardinadas, como explica un operario da Parques e Xardíns "hai bastantes destrozos na zona de San Fiz e a rotonda do Miño, cada poucos días arranxas e volven estar aí".

Os investigadores advirten ademais da ameaza desta fauna salvaxe para a saúde pública.

"As superbacterias, multirresistentes, son un risco importante porque estes animais non teñen contacto con antibióticos e poden ser portadores. Ademais de transmitir carrachas e outras enfermidades".

Lembran que o lugar do xabaril é o monte e cómpre afastalo das cidades. Urxen plans para xestionar a poboación.

"Capturalos nas zonas urbanas e facer rozas nos lugares onde encaman e convencer a poboación de que non hai que darlle de comer".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade