Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova campaña de control de patinetes eléctricos da Policía Local de Pontevedra

Nova campaña de control de patinetes eléctricos da Policía Local de Pontevedra

Circular pola beirarrúa ou dar positivo en alcohol ou drogas, entre as infraccións máis comúns

Poñen o foco na contorna dos institutos: "Non son xoguetes, son vehículos"

G24.gal 19/11/2025 14:46

Pontevedra intensifica a vixilancia sobre os patinetes, despois de rexistrar 15 accidentes, dous deles con feridos graves, e máis de 230 denuncias no que vai de ano.

"Os patinetes aumentaron moito ultimamente e tamén as incidencias, por iso xa levamos tres campañas este ano", explica José Manuel González Abal, xefe da Policía Local de Pontevedra.

O primeiro nestes controis é comprobar que os condutores non circulan pola beirarrúa, levan a documentación e non dan positivo en alcol nin drogas.

Despois toca revisar que o patinete non estea manipulado para circular a máis velocidade da permitida e cumpra con homologación.

"Comproban que o aparato reúne as características de homologación que esixe a norma, que non supera os 25 km/h, que non ten asento e que só circula unha persoa, non poden ir dous".

A campaña desenvólvese polas rúas do centro da cidade e tamén na contorna dos institutos, onde teñen localizado menores circulando a gran velocidade. Por iso, os axentes mandan un recado aos pais destes pequenos pilotos:

"Que miren ben o que lle mercan aos seus fillos. Que saiban que hai unha homologación a unha velocidade, e que non dea máis. Temos detectados nenos de 14 anos conducindo aparatos que dan 60 ou 70 km/h".

A idea da campaña é mellorar a seguridade viaria, favorecer a convivencia entre patinetes e peóns e informar sobre novidades, como a de que a partir de xaneiro estes vehículos terán que dispoñer de seguro para circular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade