Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Vilagarcía, fartos tras un novo acto vandálico na vila

Os veciños de Vilagarcía, fartos tras un novo acto vandálico na vila

Os vándalos estragan un aparacadoiro de bicicletas no parque do Piñeiriño

G24.gal 15/02/2022 13:23

Hai días que todos os aros do aparcadoiro de bicicletas apareceron rotos e espallados polo parque de Piñeiriño. A base segue no seu sitio, pero os vándalos decidiron estragar o mobiliario e deixalo tirado por unha zona onde conviven moitos veciños. Uns veciños que están fartos da impunidade coa que poden romper os bens de toda a comunidade.

Hai pouco os vándalos estragaron tamén boa parte da decoración de Nadal en pleno centro da vila. Os veciños non entenden estes comportamentos e, ante a proliferación destes actos vandálicos, esixen máis vixilancia policial para tratar de evitalos e castigos máis severos para os seus autores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade